O Concello de Trabada organiza un taller de fotografía básica para turismo e deporte ao aire libre. Será o 3 de outubro.

O Concello de Trabada organiza un taller de fotografía básica para turismo e deporte ao aire libre.

A actividade terá lugar o día 3 de outubro en horario de 16:30 a 19:30 e será impartido por José Gadea.

O obxectivo deste obradoiro é que os participantes aprendan a sacar o máximo partido ao seu negocio en Internet.

Co fin de facilitar a inscrición das persoas interesadas en participar neste obradoiro, o Concello de Trabada publica o formulario no facebook de Turismo de Trabada.