O Concello de Trabada organiza unha excursión ao Roq Park, de Viveiro, o 6 de setembro. Inscricións abertas.

O Concello de Trabada organiza unha excursión ao parque de aventura Roq Park, en Viveiro.

A actividade terá lugar o día 6 de setembro. A saída será ás 15:00 horas e o regreso ás 20:00 horas.

As persoas interesadas poden realizar as inscricións nas oficinas administrativas municipais ou chamando ao número de teléfono 982 135 011 ata o 3 de setembro. Os prezos son: 15 euros para os menores de 12 anos e 20 euros para os maiores de 12 anos.