O Concello de Viveiro convoca o 3º Concurso de Fotografía Amateur "Traballos e Mulleres". Haberá unha exposición coas fotos presentadas.

O Centro de Información á Muller e a Delegación de Muller realizan esta convocatoria arredor da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, que terá lugar o 8 de marzo.

O prazo de presentación de traballos a este concurso de fotografía remata o mércores, 28 de febreiro.

Para recibir máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao propio CIM de Viveiro a través de cim@viveiro.es, ou chamando ao número de teléfono 982 55 04 21. 

O concurso está aberto a fotógrafos e fotógrafas afeccionad@s, non profesionais, e os traballos deberán ser orixinais cun tema referido á Muller e o Traballo. Cada participante poderá presentar unha obra, e terán que entregarse ou dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres de Viveiro, na Avenida de Cervantes s/n Claustro San Francisco, 27850-Viveiro.

Establécense un primeiro premio dotado con 150 euros, e un segundo e un terceiro con 50€ cada un.

O Concello de Viveiro organizará unha exposición coas obras presentadas.