O Concello de Xove fallou os premios do Concurso de Caretas de Entroido. Os traballos poden verse na Biblioteca.

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove,  puxo en marcha a  finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. 
   
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar  a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Xa que a Biblioteca Pública Municipal de Xove volve a estar aberta, a organización aproveitou este feito para expor os traballos (caretas de Entroido) premiados nun panel da Biblioteca, co fin de que poidan ser vistos e admirados polo público en xeral. 

Os premiados/as nesta edición 2021,  foron:
  
      1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
      1º Premio: (REX. Nº 20) ADRIÁN REGO GARCÍA.
      2º Premio: (REX. Nº 23) ALICIA BLANCO VALENZUELA. 
      3º Premio: (REX. Nº 10) JESÚS LÓPEZ FRANCO. 

   2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
      1º Premio: (REX. Nº 14) DAVID BURGOS PELOCHE. 
      2º Premio: (REX. Nº 5) LÍA CASABELLA GACIO. 
      3º Premio: (REX. Nº 8) FELIPE  BASANTA DOMÍNGUEZ. 

   3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
      1º Premio: (REX. Nº 28) ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA 
      2º Premio: (REX. Nº 25) OLIVA REGA QUELLE. 
      3º Premio: (REX. Nº 18) ÁLVARO GARCÍA CASABELLA. 

   4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
      1º Premio: (REX. Nº 7) UXÍA GRADAILLE DURÁN. 
      2º Premio: (REX. Nº 15) BERTA BARRO ÁLVAREZ. 
      3º Premio: (REX. Nº 19) CARLA CASABELLA PUÑAL. 

   5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
      1º Premio: (REX. Nº 21) MIGUEL FRA BALTAR. 
      2º Premio: (REX. Nº 22) CARLA MARIÑO OTERO. 
      3º Premio: (REX. Nº 31) ALICIA FERNÁNDEZ VICENTE.