O Concello de Xove organiza diversos actos o 10 e o 12 de marzo para celebrar o Día Internacional da Muller.

O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Servizos Sociais, programa varias actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller que se conmemora o 8 de marzo.

O 10 de marzo, entre as 17:00 e as 19:00 horas, vaise desenvolver na Oficina de Información Xuvenil, un Mannequin Challenge. Para participar hai que anotarse antes do mércores 8 de marzo, na propia Oficina de Información Xuvenil.

O domingo, 12 de marzo, a partir das 17:30 horas no salón de actos do Centro Cívico, terá lugar a X Chocolatada Día da Muller.

Tamén ese domingo terá lugar unha homenaxe a Constantina López Martínez, a muller máis lonxeva do municipio con 100 anos de idade. O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, faranlle entrega dun ramo de flores no seu domicilio.