O Concello de Xove organiza o 9 de marzo a XV Chocolotada do Internacional da Muller

A Delegación de Muller do Concello xovense organiza a XV Chocolatada do Día Internacional da Muller. Será o 9 de marzo ás 17:30 horas no salón de actos do centro cívico. 

Nesta ocasión, no acto renderase homenaxe ao Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, e ás mulleres que o levan facendo posible durante trece anos. “O Encontro é unha forma de imbuír de merecido prestixio un oficio tradicionalmente feminino que implica talento, arte, compartir e reunirse, e que foi evolucionando ó longo das edicións ata transformarse no que é hoxe: un escaparate para o municipio de Xove en Galicia e noutras comunidades, e un importante impulso para a economía local”, indican desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade.