O Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga desde outubro ata maio.

O Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga que se desenvolverá desde outubro de 2023 ata maio de 2024.

A actividade iniciarase o 2 de outubro, luns, e haberá cinco grupos. Catro deles serán os martes e xoves con estes horarios: de 10:30 a 12:00, de 17:30 a 19:00, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00. E no quinto grupo, para persoas coidadoras ou con enfermidades crónicas, o obradoiro desenvolverase os luns e mércores de 17:30 a 19:00 horas.

As inscricións deben facerse ata o 28 de setembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), onde tamén poden consultarse os prezos.