O Concello de Xove reparte entre o vecindario o calendario de 2020, á vez que lles desexa un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

Dende hai anos o Concello de Xove elabora un calendario co cal agasalla a todos os seus veciños e lles desexa un bo Nadal e un feliz Aninovo. A concelleira de Cultura, Dolores Meitín, quen elaborou o calendario deste vindeiro ano 2020, fixo a presentación do mesmo. 

O calendario 2020 mostra nas súas páxinas un conxunto de fotografías antigas no que se recollen encontros familiares, reunións de amizade e xuntanzas nas festas. 

Dende o Concello agradécese a tódalas persoas e familias que desinteresadamente prestaron as fotos para este calendario; tamén un recordo para toda a xente que aparece nestas fotografías e que xa non nos acompañan.