O Concello focense e o Club Ciclista Foz organizan o Día da Bici o 23 de setembro. A inscrición ábrese o día 18.

O Concello focense e o Club Ciclista Foz organizan o Día da Bici, que se celebrará o 23 deste mes de setembro, sábado.

O Concello de Foz anunciou hoxe que “a inscrición para participar poderá realizarse na Casa da Xuventude focense desde o vindeiro luns, día 18, ata o venres 22 ou no teléfono 982.13.30.37. E tamén é posible apuntarse o mesmo día no lugar de saída da marcha, que é o parque infantil de tráfico (PIT), de 14:30 a 15:30 horas. Este ano de novo pedimos a colaboración co Banco de Alimentos con un quilo de produtos (o que máis se necesita é leite, galletas, cacao, pasta ou produtos de hixiene).

Tamén explican: “partiremos ás 16 horas do PIT ata a praia da Pampillosa, onde teremos o avituallamento. Esta xornada lúdica é un clásico que moitas persoas agardan para compartir unha xornada de deporte en familia. Premiaremos ao/á máis novo/a, máis veterano/a, mellor disfrace e bicicleta mellor engalanada. Ademais haberá sorpresas que se desvelarán durante ese sábado”.
 
O Club Ciclista de Foz e o Concello de Foz animan a participar dunha tarde de deporte e agradecen a súa colaboración a Motos Baltasar, Froiz e Gadis, así como a Protección Civil e á Policía Local.