O Coro da Mariña busca novas voces no occidente astur e na comarca mariñá. Os ensaios son na Escola de Rinlo os venres pola tarde.

O Coro da Mariña abre nestes meses de outono nova matrícula para inclusión de  voces da Mariña de do Occidente Astur. Se gustas de cantar en grupo sen ningún estilo en concreto pode ser este quizás o teu lugar. Precísanse persoas con certo ouvido musical a nivel harmónico e acostumadas a cantar sexa de maneira profesional ou amateur, precísanse persoas que entendan o grande acto de xenerosidade e respecto que é cantar en comunidade con outros-as. Precísanse persoas de calquera idade e condición. 

Os ensaios do coro lévanse a cabo na Escola Vella de Rinlo os venres as sete da tarde e ata as nove. O repertorio é de inspiración mariñeira, é dicir, todas aquelas cancións ben sexan de pop, rock, tradicional, jazz...que sexan do gosto das persoas do coro e que teñan o mar como telón de fondo.

Os arranxos vocais son realizados por Pierrot Rougier, músico bretón afincado no Occidente de Asturias e o coro é co-dirixido pola cantora e compositora Ugia Pedreira, nada en Foz. 

O coro promove cursos de formación con expertos profesionais do canto coral, xa pasaron por Rinlo a directora de teatro-voz Cristina Dominguez (ex-directora do Centro Dramático Galego), o recoñecido director coral Ramón Bermejo (Coro da Rá, Compostela), a bailarina Irene Alvárez e a poeta Marina Oural, Chefa Alonso (Madrid) dando curso de improvisación e teñen pensado seguir coa liña formativa que abren a toda a comunidade coral da Mariña e Occidente astur. 

Entre o repertorio actual do coro está “Serpientes de Mar” de Silvio Rodriguez, “Alfonsina y el Mar”, “Chalanero”, canción popular fronteiriza entre Asturias e Galicia, un cover de “Viento del Norte” en galego do cántabro Nando Agueros, que informou ao coro do seu interese neste cover galego para si mesmo, a popular canción mariñeira “A dorniña” , “Sail on sailor “ de The Beach Boys…. 

O traballo de arranxos de nova creación, divulgación, ensino e aprendizaxe do coro mantense cunha matrícula individual de 30 euros ao mes que cubre ensaios de venres e mesmo algún pola semán.

No Coro da Mariña tense moi en consideración as necesidades e cualidades individuais de cada cantor-a,  a heteroxeneidade e diferenza é un valor en alza aproveitada para a conxunción colectiva e son final. 

Mais información na páxina de Facebook do coro, no tlfno 627 934368 ou no email ugia@folque.com