O Covid-19 ocasionou a cancelación da V Romaxe Vinquinga, que se ía celebrar os días 24 e 25 de xullo no Vicedo.

Os organizadores da Romaxe Viquinga de O Vicedo anuncian a cancelación da quinta edición desta festa que ía celebrarse os días 24 e 25 do vindeiro mes de xullo.

Dende a organización desta Romaxe comunican que “como ben saberedes, debido á pandemia que estamos a sufrir, temos o reto de acostumarnos a un novo xeito de afrontar a vida cotiá. As circunstancias actuais obrigan a cumprir protocolos en celebracións e eventos públicos, respectar aforos e, a maiores, aconsellan tomar decisións responsables coa situación económica sobrevida pola Covid-19”.

A organización da Romaxe Viquinga engade que “tendo valorado tódolos escenarios posibles e sendo consecuentes co anteriormente mencionado, vimos a anunciarvos a cancelación da V Romaxe Viquinga que se ía celebrar os días 24 e 25 de xullo. A partir de mañá afrontaremos o deseño dunha VI Romaxe Viquinga en 2021, que faga que mereza a pena a espera”.