O Desfile de Entroido en Alfoz celebrarase o 24 de febreiro a partires das nove e media da noite para infantil e das dez e cuarto para adultos.

Alfoz celebrará o seu desfile de entroido, o luns 24 de febreiro, ás 21:30 horas nas categorías infantís e ás 22:15 h. nas de adultos.

As inscricións anticipadas poden facerse en asociación.ocastelo@gmail.com ata o día 23 ou presentarse o mesmo día do desfile ás 20:00 horas.

Haberá premios, nas categorías Infantil (ata 14 anos) Individual: 40€ para o primeiro, 30€ para o segundo e 20€ para o terceiro; en Parellas: 60€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro; e Grupos: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro. En Adultos Individual: 70€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 30€ para o terceiro; Parellas: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro; e Grupos: 150€ para o primeiro, 100€ para o segundo e 70€ para o terceiro. Tamén haberá premios para Comparsas e Charangas de 160€ para o primeiro e 110€ para o segundo.

Haberá calefacción e servizo de barra e de comida.

Organiza estas actividades a asociación cultural xuvenil O Castelo coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.