O Desfile de Entroido en Xove será o 22 de febreiro. O prazo de inscrición para participar está aberto ata o día antes.

O Concello de Xove mantén aberto, ata o vindeiro día 21 de febreiro, o prazo de inscrición para participar no desfile de Entroido que se celebrará o sábado 22 de febreiro.

Haberá premios para: Carrozas, con 500€ para o primeiro, 350€ para o segundo, 250€ para o terceiro e o cuarto, e 200€ para o quinto e sexto; Comparsas e Grupos de 10 ou máis persoas, con 300€ para o primeiro, 250€ para o segundo, 200€ para o terceiro e cuarto e 100€ para o quinto e sexto; Grupos de Adultos de 3 a 9 persoas, con 130€ para o primeiro, 100€ para o segundo, 70€ para o terceiro e cuarto e 60€ para o quinto e sexto; Parellas de Adultos, con 70€ para o primeiro, 60€ para o segundo e 50€ para o terceiro e cuarto; e Individuais Adultos (de 14 anos en diante), con 60€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro e cuarto.

Na categoría Infantil haberá premios para: Grupos de 3 a 9 persoas, con 130€ para o primeiro, 100€ par o segundo, 70€ euros para o terceiro e cuarto e 60€ para o quinto e sexto; Parellas con 70€ para o primeiro, 60€ para o segundo e 50€ para o terceiro e cuarto; e Individuais con 60€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro e cuarto.

Tamén haberá premios para o disfraz máis orixinal, pode ser individual ou colectivo, con 30€; o conxunto máis numeroso e para o participante máis maior con 30 euros para cada. O participante máis novo recibirá un agasallo ao igual que todos os inscritos no desfile.

O programa de actos do Entroido organizado polo Concello de Xove dará comezo o venres 21 de febreiro cun festival da Escola Infantil de Xove, a partires das 11:00 horas.

O sábado 22, ás 16:00 horas, haberá pasacalles coa Charanga Louband que previamente actuará na Residencia da Terceira Idade San Bartolo. Ás 17:00 horas comezará o desfile, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada ao Centro Cívico. Unha vez rematado o desfile celebrarase un baile de disfraces, no pavillón municipal, amenizada polo Grupo Fénix e Discoteca Móbil Decibelios, no que se fará a entrega dos premios do desfile.