O Desfile de Entroido no Valadouro será o 23 de febreiro e o enterro de dona Sardiña o día 29.

O desfile de Entroido en O Valadouro celebrarase o vindeiro domingo, 23 de febreiro, ás 17:00 horas, con saída do parque Concepción Arenal e ata avenida Viveiro, pasando por A. López Palmeiro, praza de Santa María e A Ponte.

Haberá premios para a categoría infantil, en Individual: 100€, 70€ e 50€; en Parella: 120€, 90€ e 70€; e en Grupo: 200€, 150€ e 100€. Para a categoría de adultos, en Individual: 150€, 100€ e 70€; en Parella: 170€, 120€ e 90€; e en Grupo: 300€, 200€ e 120€. Tamén haberá premios para Comparsas de 400€, 250€ e 150€, e o entroido simpático de 60€.

Ao final do desfile celebrarase un baile e a entrega de premios, no pavillón polideportivo, con Discoteca Móbil Eventec. A inscrición previa deberá facerse nas oficinas da Casa da Cultura e o mesmo día no local do parque Concepción Arenal, de 15:00 a 16:30 horas.

O sábado 29 ás 20:30 horas terá lugar o Enterro da Sardiña. A saída da comitiva será desde a Casa da Cultura ata a Praza. Haberá pasacalles coa comparsa Os Fandangueiros Alfoz-Valadouro, lectura de coplas, versos e sátiras recollidos polos locais comerciais e xuízo a dona Sardiña na Praza.

Organizan estas actividades: Concello de O Valadouro, Deputación de Lugo e Asociación Cultural Amado Lar.