O Día do Xubilado do Concello de Cervo celebrarase o 1 de maio. O xantar será na Praza dos Campos.

A XXXVII edición do Día do Xubilado, que organiza o Concello de Cervo, celebrarase o 1 de maio. A sesión vermú, o xantar e o baile serán nunha carpa instalada na Praza dos Campos.

Os actos empezarán ás 11:30 horas cunha misa na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola coral Terra Mar, de San Ciprián. Ás 12:30 no auditorio da Casa da Cultura haberá unha actuación de Acordeonistas da Mariña.

A partir das 13:30 horas os actos trasladaranse á Praza dos Campos, onde haberá sesión vermú, xantar e baile. A música correrá a cargo da orquestra Trébol.