O escritor Pedro Feijoo presenta a súa novela “Ninguén contará a verdade” en Libraría Bahía, de Foz, este xoves, 18 de xaneiro

Este xoves, día 18 de xaneiro, ás 20:30 horas estará en Libraría Bahía, de Foz, o escritor Pedro Feijoo para falar da súa última novela titulada “Ninguén contará a verdade”, editada por Xerais.

Desde Libraría Bahía explican: “podemos afirmar que Pedro Feijoo é na actualidade o máis popular dos autores de novela negra en Galicia. Con esta a súa última novela gañou o ano que vén de rematar o premio Xerais de novela. A historia presenta unha trama de corrupción en Galicia na que están implicados todos os poderes: o mundo da empresa, a banca, a información, a política… Unha historia de ficción nuns contextos que podemos recoñecer facilmente e que desnuda as tramas do poder”.