O Festival Eu son Eo, que se celebra en Abres os días 29 e 30 de xuño, albergará gastronomía, música, artesanía e deporte. Foi presentado na Deputación de Lugo.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto;a Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez; o Alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez Fernández; e a Vicepresidenta da Asociación Eu son Eo, Hortensia Araujo; presentaron no Pazo de San Marcos a 3ª edición do Festival InterrexionalEu son Eo que terá lugar os días 29 e 30 de xuño na parroquia de Abres, no Concello de Vegadeo, con entrada totalmente de balde para os asistentes. O festival está organizado polos Concellos de Trabada e Vegadeo, que destinan conxuntamente 20.000 euros a esta cita, e conta co patrocinio principal do Goberno da Deputación cunha achega de 12.000 euros.

García Porto remarcou que “dende o Executivo traballamos para fomentar a cultura e idiosincrasia da nosa provincia e este festival é unha clara mostra, pois conxugará o mellor da nosa música, o noso medio rural, a artesanía e o deseño, a gastronomía e os produtos autóctonos, e como non, a envexable natureza da que dispoñemos, todo isto dunha forma sostible e respectuosa co medio ambiente. Estas características converten o Eu son Eo nun festival que, a pesares de estar arrincando, conta cun enorme potencial de crecemento”.

Pola súa parte, García Bermúdez subliñou que se trata “dunha importante cita para o Concello de Trabada, pero tamén para o conxunto da provincia, e especialmente para a Comarca da Mariña, pois preto dun milleiro de visitantes se achegarán a disfrutar dos nosos recursos naturais, culturais, gastronómicos e patrimoniais, aspectos que nos converten nunha zona única e diferente, un espazo excepcional para desenvolver actividades de todo tipo. Estou segura de que quenes se acheguen por primeira vez a coñecernos quedarán con ganas de volver en futuras edicións do festival”.

Eu son Eo
O festival naceu como unha iniciativa de i+D para a rexión que comprende a Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón, fomentando a relación e a cooperación entre estes territorios tanto no apartado cultural como no apartado económico.

Este ano o festival contará con máis dunha ducia de actividades culturais. As principais son as musicais, entre as que destaca o concerto da banda tributo We Love Queen, pero haberá tamén mostras de artesanía e unha feira que reunirá a preto de 15 artesáns da zona. Nesta edición, recuperase ademais a carreira popular Eu son Eo. Tamén inclúe actividades acuáticas, unha andaina, monólogos, foros, exposicións, e máis sorpresas para todos os públicos e adaptadas a todas as idades.

Programa
Venres 29
21:00 horas—Inicio do festival coa actuciónDj´Eomúsica 80. 
23:00 horas—Cañoneros. Banda tributo a la movida 80-90. 
01:30 horas—DJ´Eomúsica 80 
3:00 horas—Fin da xornada. 

Sábado 30
11:00 a 19:00 horas—Actividades no río, piraguas ekayak. Gratis.
9.00 horas—Saída  ruta, “Valles do Eo”.
11:00 horas—Apertura da mostra “La chalana” e “Artes de pesca”. 
11:00 horas—Visualización de “Memorias del Eo”. 
11:00 horas—Actividades acuáticas y paseos en bicicleta. 
11:00 a 13:00 horas—Demostración de actividades de ferrería. 
13:00 horas—Sesión musical DJ´s-Eomúsica 80.
15:00 horas—Comida
16:00 a 18:00 horas—Demostración actividades de ferrería. 
17:00 horas—Foro “Eu rural”. 
18:00 horas—Carreira popular EU SON EO.
19:30 horas—Entrega de premios carreira EU SON EO
20:00 horas—“El Chusco” monologuista. 
21:00 horas—DJ´s-Eomúsica 80. 
00:00 horas—We LoveQueen (Tributo Show a Queen). 
02:00 horas—Dj´s-Eomúsica 80.  
03:00 horas—Fin do festival.