O grupo de teatro O Bordelo actuará en Barreiros o 27 de xaneiro. "Toluras de proveito" será a obra que representará.

A Concellería de Cultura barreirense organiza unha representación teatral que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xaneiro.

O grupo O Bordelo porá en escena a obra Toluras de proveito. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o domingo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia costumista, orixinal do director do grupo, Francisco Piñeiro.