O grupo de teatro O Centiño, de San Matiño, presenta "Zume de amorodios" o 11 de marzo en San Cosme de Barreiros.

O grupo de teatro O Centiño, de San Martiño, representará a obra Zume de amorodios en San Cosme de Barreiros. Trátase dunha comedia centrada no amor, nas súas diversas idades e manifestacións.

Será este domingo, 11 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.