O grupo musical Acordeonistas da Mariña actúa este domingo, 17 de marzo, no Centro Social de Cangas de Foz

Este domingo, 17 de marzo de 2024, ás 19:00 horas no Centro Social de Cangas de Foz haberá unha gala musical a cargo do grupo Acordeonistas da Mariña.

A entrada é de balde ata completar o aforo.

É un evento organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo, de Cangas de Foz.