O grupo teatral Lume Escénico representa a obra “Pontenova Fassion Wii” en Barreiros este domingo, 10 de decembro

O grupo de teatro Lume Escénico, da Pontenova, representará a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” este domingo, 10 de decembro, ás 20:00 horas no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.

É unha comedia apta para todos os públicos, que está dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).

A entrada será libre e de balde ata completar aforo.