O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a súa 7ª gala solidaria para o 16 de decembro en Foz

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a sétima edición da súa gala solidaria. Será o 16 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz.

O Centiño ofrecerá a obra “Trepa, Tripa e Tropa” e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela.

A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas. Para este evento O Centiño conta coa colaboración da asociación A Subela e do Concello de Foz.