O grupo teatral O Torques, de Burela, presenta a obra ODT-TIVE no Vicedo o 28 de outubro

O grupo teatral O Torqués, de Burela, presenta a obra titulada ‘ODT-TIVE’ na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 28 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.

É unha actividade organizada pola Asociación de Veciñ@s de San Román (O Vicedo) ao abeiro do Ciclo de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A sinopse da obra é a seguinte: “o Señor Godofredo de Bouillón foi asasinado no seu estudo (un recinto pechado por dentro). Atopado o corpo polo criado, xorde entón a seguinte incógnita: se o señor Godofredo foi asasinado de 23 puñaladas, cómo non hai unha soa mancha de sangue no lugar? Un inspector de renome é convocado para dar resposta a este misterioso asasinato. Quen o introducirá nos detalles do crime será o criado da casa onde se cometeu o crime. A impericia e a falta de lóxica do novo inspector, sumado á distancia e a ironía impostas polo criado, desatan un sen fin de ocorrencias, conxecturas e situacións insólitas”.