O Hotel Nordés propón unha celebración especial de San Valentín sen saír de Burela e BoasMigas ofrece almorzo romántico a domicilio.

O Hotel Nordés ven de lanzar unha oferta especial de San Valentín para estes tempos de restricións, animando aos seus clientes de Burela a vivir este sábado unha noite romántica inolvidable sen saír do pobo.

Para poder cumprir tódalas limitacións para xuntarse, que están reducidas a só convivintes, o hotel ofrece unha noite especial dos Namorados sen saír da habitación: a parella disfrutará dunha noite completa nunha Habitación Superior, que inclúe botella de cava, cea romántica para dúas persoas e almorzo especial sen saír da habitación, disfrutando ademais das vantaxes de saída tardía na mañá do domingo.

A cea, que tamén disfrutarán na propia habitación, consta de aperitivos de benvida, ensalada morna de polbo e un dos arroces da carta do restaurante, ademais de sobremesa, viño, café e licores. O prezo da oferta é de 150 euros por parella, e a reserva debe facerse por anticipado.

BoasMigas ofrece almorzo romántico a domicilio

Pola súa parte, BoasMigas lanza tamén unha oferta especial por San Valentín, que consiste en disfrutar na casa dun completo almorzo especial para dúas persoas. O almorzo romántico inclúe café, leite, zume natural, 2 vasos de froita variada, 2 croissants, 2 muffins, 2 mini bocatas de xamón con tomate, 2 boliños mixtos con aguacate e algunha sorpresa máis para os comensais…

O prezo da oferta é de 35 euros, incluíndo o reparto a domicilio, que se fará na mañá do domingo 14 de febreiro entre as 9 e as 12 horas. As reservas deben facerse por whatsapp ou no teléfono 627814270 antes do sábado ás 2 da tarde.