O humorista José Corbacho actuará o 20 de abril en Viveiro. As entradas xa están á venda vía internet.

Noite de Monólogo é o título do espectáculo que o humorista José Corbacho presentará no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o 20 de abril, ás 21:00 horas.

As entradas xa están á venda en www.woutick.es, e o teléfono de reservas por whatsapp ou SMS é o 615 460 405.

Sortearanse dúas entradas entre aquelas persoas que compartan a publicación de Moita Merda Promocións en facebook , lle dean a “me gusta”, e comenten con que persoa/as irán ao show. A data do sorteo é o 20 de marzo.