O Iberia CF celebra a súa comida baile anual o 28 de marzo

O Iberia Club de Fútbol anuncia que “chega o evento que a familia branquiazul agarda cada ano por estas datas, a nosa comida baile. Será o xoves 28 de marzo nos Colexios Vellos de San Miguel. Despois do éxito da pasada edición, onde pasamos a horario diúrno repetimos formato. Tamén como o ano pasado, antes do propio xantar haberá sesión vermú con DJ e bar aberto dende as 13horas”.
 
A organización do evento engade que “haberá sorteos, sorpresas e sobre todo un gran ambiente de festa nun ano ademais no que cómpre celebrar a traxectoria dos dous equipos, o sénior e o xuvenil, que están facendo unha gran tempada nos dous casos e que como non pode ser doutra maneira estarán representados pola práctica totalidade de ambas plantillas e corpos técnicos”.

As tarxetas para participar poden comprarse nos bares de San Miguel e a calquera integrante da xunta directiva do Iberia CF.