O III Festival Músico-Vocal Arcadio Mon desenvolverase o 7 de setembro na praza de Santa María, en Ferreira do Valadouro.

O 7 de setembro na praza de Santa María, de Ferreira do Valadouro, celebrarase a terceira edición do Festival Músico-Vocal Arcadio Mon.

Dará comezo ás 20:30 horas e actuarán Toni Cazás, Marga Gutiérrez, Pila, Chingla, Joe Carey e José Anido.

Tamén se desenvolverá o terceiro certame para Novos Talentos Musicais, no que poden participar todos os rapaces e rapazas de menos de 20 anos, tanto cantando como interpretando algún instrumento musical. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, e premios de 300 euros para o primeiro, 200 euros para o segundo, e 100 euros para o terceiro. Os/as interesados/as poden inscribirse a través do correo electrónico peinoster@gmail.com ou no teléfono 619 389 997.

O autor do cartel anunciador deste festival é o artista Xosé Blanco.

O evento está organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro e patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo e o Concello do Valadouro.