O IX Torneo de Fútbol Sala O Pasatempo celebrarase en Mondoñedo do 16 ao 18 de xuño. Na cita participarán equipos leoneses, asturianos e galegos.

A asociación cultural O Pasatempo organiza por noveno ano consecutivo o torneo de fútbol-sala O Pasatempo en Mondoñedo, os días 16, 17 e 18 de xuño.

No torneo participan equipos galegos, asturianos e leoneses que contan con xogadores de Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira División do fútbol sala nacional.

Os premios son: 1.800 euros e trofeo para o primeiro clasificado, 750€ e trofeo para o segundo, 250 euros e trofeo para o terceiro e o cuarto, 150€ e trofeo para o mellor equipo local, e o último clasificado recibirá unha tarta de Mondoñedo. Ademais haberá trofeos para o mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro, e premio para o MVP da final elixido polo público asistente. Tamén haberá un trofeo para a persoa do público que máis horas bote no pavillón.

A inscrición é de 120€ e o prazo continúa aberto coas últimas prazas dispoñibles. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 679 763 105 e 651 958 770 (tamén por whatsapp).