O mago Paco presenta o seu espectáculo Hocus Pocus no Valadouro o 7 de outubro

O mago Paco presentará o seu espectáculo Hocus Pocus no salón de actos da Casa da Cultura do Valaduro este sábado, 7 de outubro, ás 20:00 horas con entrada de balde.

É un espectáculo de maxia cómica incluído no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O Concello do Valadouro anuncia que “Hocus Pocus é un espectáculo versátil, aberto e adaptado a calquera espazo de representación. Está guiado por unha peculiar personaxe, O mago Paco, que fai de cada xogo un momento diferente, no que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas, creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas”.