O musical Fiesta Mágica chegará a Burela o 1 de maio. As entradas están xa á venda.

Fiesta Mágica, o musical dos grandes musicais, será representado na Casa da Cultura, de Burela, o 1 de Maio ás 18:00 horas.

Trátase dun divertido espectáculo musical baseado nun gran repertorio de cancións Disney cos mellores personaxes das películas.

Bela, Elsa, Ariel e Rapunzel organizan a súa primeira festa de pixamas na que o pasarán en grande lembrando historias, cantando e rindo. Pero na metade da súa noite especial Ariel márchase da festa tras recibir unha chamada. As súas amigas quedan preocupadas pensando en que quizá a súa amizade estea en perigo pero grazas á axuda de grandes personaxes como o xenio da lámpada, Aladdin e Jasmine, Campanilla, Vaiana, Olaf, Lumière, Coco, Mirabel e os demáis lograrán permanecer unidas e aprender o valor da amizade. Decorados, sorpresas e vestiarios con luces led acompañarán ás mellores cancións de onte e hoxe evocando grandes momentos da infancia. Con 27 personaxes, voces en directo e coidadísimos vestiarios este musical non deixará de emocionar a toda a familia.

Entradas anticipadas xa á venda en https://entradium.com/events/fiesta-magica-el-musical-de-los-musicales-b...