O musical infantil "Rapunzel" chega o 29 de decembro a Burela. Haberá funcións ás seis e ás oito da tarde.

A compañía La Bicicleta, elenco estable do Teatro Sanpol de Madrid, porá escena este sábado, 29 de decembro, no auditorio municipal de Burela Rapunzel, a bonita historia fabulada polos irmáns Grimm convertida nun divertido e xoguetón espectáculo musical para @s máis pequen@s. Será en dobre función ás 18:00 e ás 20:00 horas. 

A música de George Gerschwin, as cancións e os bailes enmarcan a historia da fermosa nena dos cabelos de ouro encerrada nunha torre que non ten escaleiras.

Durante anos o único lazo que une á moza co mundo exterior é a visita da bruxa que a secuestrou. Todos os días ao escoitar a frase “Rapunzel, Rapunzel, lánzame a túa cabeleira para subir por ela sen escaleira” a longa e dourada cabeleira cae desde o alto. E a bruxa sobe por ela e asegúrase de que continúe sendo a súa prisioneira. 

Un príncipe encantador, un trasgo, coellos saltaríns, un bufo ameazador e un cabalo parlanchín dan a nota de humor e tenrura que enmarca esta bela historia de amor.

A duración do espectáculo é de 1 hora e 10 minutos aproximadamente.  As entradas seguen á venda no Restaurante A Marquesa, no Restaurante Mis en Plas e en https://ataquilla.com

O baúl do mago 
Grazas ao programa Nadal pola provincia, financiado pola Deputación de Lugo este venres, 28 de decembro, chegará á Praza do Concello de Burela O baúl do mago para desfrute de pequen@s e maiores. Haberá pases ás 11:30, 12:00, 12:30, 13:00, 16:30, 17:00, 17:30, 18:00, 18:30 e 19:00 horas. A entrada será de balde.