O músico Fran Amil estará na Librería Bahia en Ribadeo e Foz os días 26 e 27 de outubro presentado o seu novo traballo "Monstros con ou sen consentimento".

Unha colección de monstros do máis variado é o que nos trae Fran Amil no seu novo libro-CD. A colección Sonárbore da editorial Galaxia lanza Monstros con ou sen consentimento un volume que nos presenta toda unha serie de personaxes peculiares. Lobos bondadosos, robots, entes larpeiros ou estraños personaxes musicais danse cita en forma de cancións "para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar" acompañados das ilustracións de Manel Cráneo.

Fran Amil é un músico, compositor e produtor coruñés que dende os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto). Dende hai uns anos fai música infantil en galego, sendo os traballos anteriores, Un conto ao revés e A voz do vento, disco no que musica e canta poemas de Manuel María.

As presentacións serán na Librería Bahía – Din y Don, en Ribadeo, o 26 de outubro ás seis da tarde e en Foz o sábado, día 27, ás doce da mañá.