O Nadal de Burela comeza o 5 de decembro co acendido do árbore e do alumeado e co pregón que pronunciará Ramón Hermida.

O programa do Nadal en Burela arrincará mañá, 5 de decembro, ás 21:00 horas na praza do Concello co pregón que pronunciará o empresario xubilado Ramón Hermida. Despois terá lugar o acendido do árbore e do alumeado e haberá un concerto. As actividades destas festas desenvolveranse ata o 5 de xaneiro. Foron presentadas este mediodía polo alcalde burelés, Alfredo Llano, e por representantes do CCA e de Ledicia.

O rexedor burelés dixo que “fixemos unha presentación conxunta entre a Acia, Ledicia e máis o Concello de Burela que, dunha maneira ou doutra, colaboramos entre todos para conformar o que queremos que sexa un bo Nadal con atractivo e que sexa un bo elemento de motivación para que a xente se achegue a Burela en calquera día das vindeiras vacacións”.

Alfredo Llano sinalou que “mañá van comezar as actividades ás 21:00 horas que se vai inaugurar a Praciña do Nadal, que vai estar na praza do Concello, onde se vai poder ver o mercadiño e todo ambientado no Nadal. Vai haber actividades infantís, caseta de Papa Noël e buzón de desexos solidarios, ou sexa que vai estar perfecto para que a familia se achegue á praza”. 

O alcalde engadiu que “tamén mañá se vai facer o acendido da árbore do Nadal, que este ano é novidoso, seguro que vai chamar a atención. Quedou moi bonito e volveuse recolocar unha serie de luminarias leds e outros motivos navideños. O pregón vaino dar Ramón Hermida, que é moi coñecido no pobo, estivo moi involucrado en moitos asuntos, por exemplo foi presidente da Acia, é quen levou Academia A Mariña, fixo tamén unha importante aposta por Expomar en Burela e pola creación da Banda de Música. É unha persoa que é querida e ao mesmo tempo penso que é unha personalidade para dar o pregón do Nadal”.

Llano explicou que “unha vez rematado o pregón se acenderán as luces da árbore e as de todo o pobo, espero que gusten, que sexan de disfrute de todo o mundo e que atraia xente a Burela ao noso Nadal. O programa abarca desde mañá ata o día 5 de xaneiro, que é a cabalgata de Reis, e haberá música folk, rastrillo solidario, o festival do Nadal, música infantil, pasarrúas navideños, concerto de panxoliñas, tamén se van celebrar os Santos Inocentes e haberá encontros dos nenos de Burela con Papa Noël. Hai actividades todos os días onde elixir, así que animar a todo o mundo que queira vir por aquí a pasalo ben que aquí estaremos agardando. Desexo a todos os veciños de Burela e de fora do noso concello teñan un bo Nadal”.