O Osa do Mar 2021 arrinca o 16 de maio en Burela cun especial dedicado ás Letras Galegas.

O  16 de maio ás 19:00h no auditorio da Casa da Cultura de Burela será o primeiro día do Osa do Mar 2021. 

As entradas (10€ cos gastos de xestión incluidos) pódense mercar  xa na web www.entradium.com 

O 16 de maio terá lugar un especial #letrasgalegas co seguinte programa: 
- 19:00h: Coloquio sobre o estado do Galego na música. Con Emilio López (Skornabois e Safari Orquestra), Manolo Maseda (Diplomáticos de Monte Alto), Nuno Pico (Grande Amore, Oh! Ayatollah e Skolhma) e Antía Muiño (cantautora). 
- 20:00h: Antía Muíño
- 21:00h: Grande Amore