O pavillón da Veiga, en San Ciprián, acollerá o 24 de novembro unha exhibición de baile deportivo e de salón.

O Pavillón da Veiga de San Ciprián acollerá o vindeiro sábado, 24 de novembro, unha exhibición de baile deportivo e de salón que contará coa participación de quince parellas procedentes de diferentes puntos da Mariña, asistentes ás clases impartidas pola Escola de Baile Hover Cross.

A cita, aberta ao público e organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos da Mariña (Arama), será ás 20:30 horas.

Entre os bailes que se poderán ver no evento están o vals inglés, vals vienés, Rumba- Bolero, Chachachá, Tango arxentino, Roda cubana ou rock and roll.  

Recordamos que o pasado mes de setembro botaron a andar as clases de baile no Concello de Cervo, promovidas pola asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross con gran éxito de participación, con 14 parellas inscritas.

As clases teñen lugar cada xoves, en horario de 21:00 a 22:30 horas, no Pavillón do CEIP Península da Paz.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.