O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Xerdiz (Ourol) e un xantar de Entroido o 12 de febreiro.

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Xerdiz e un xantar de Entroido no antigo salón de baile desa parroquia de Ourol o día 12 de febreiro, domingo.

Durante a excursión visitarán a fervenza da Xestosa, casas e escolas indianas, a ruta cicloturistica de Ourol e os cemiterios artísticos de Miñotos e Xerdiz.

A saída será ás 10:30 da mañá dende a Estación de Autobuses de Viveiro. Os prezos da actividade son 25 euros para os socios do colectivo organizador e 28 euros para as persoas que non o son. Os tickets poden recollerse en Aquilino Mapfre.

Para esta actividade o Seminario de Estudos Terra de Viveiro conta coa colaboración do Concello de Viveiro.