O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Ferrol para o 18 de novembro

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Ferrol para o 18 de novembro, sábado. Inclúe visitas ao Museo Naval e da Armada, ao Museo de Historia Natural e ao castelo de San Felipe. O xantar será no restaurante Manuel, que está no barrio de A Malata. A saída será ás 9 da mañá dende a estación de autobuses de Viveiro.

O prezo da actividade é de 30 euros para os membros do colectivo organizador e de 35 euros para os que non pertencen ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Os tickets retíranse en Seguros Mapfre Aquilino.