O sétimo Trail Monte Comado, de Barreiros, será o 15 de outubro. O prazo de inscrición está aberto ata o 12.

A sétima edición do Trail Monte Comado, de Barreiros, será o día 15 de outubro, domingo. Haberá dúas categorías: 12 quilómetros e 26 quilómetros. A saída e a meta estará na praza do Souto, en San Miguel de Reinante.

A inscrición realizase a través das páxinas web: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, https://maiskmsbarreiros.gal/ e https://ccnorte.com/. O prazo estará aberto ata o 12 de outubro de 2023 ás 23:59 horas.

Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.

Os interesados en participar poden contactar coa organización a través do correo electrónico praias.de.comado@gmail.com ou do teléfono 653.68.46.15.

O Trail Monte Comado está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.