
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza unha tarde de comida e música este sábado, día 12 de setembro, a partir das 18:30 horas. A entrada é de balde.
As actividades comezarán cunha antoloxía de Mofa e Befa cos coñecidos actores Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. E ás 20:30 horas haberá un concerto de cantigas galego portuguesas a cargo de Xico de Carinho e Servando Barreiro.


