O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, aplica o protocolo Covid na venda de entradas para acudir ás actividades que se realicen nesas instalacións.

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, comunica que, nesta nova normalidade, establece un protocolo Covid para a compra de entradas. Deste xeito para poder acudir ás actividades que se realicen no teatro, hai que facer reserva anticipada de entradas, de luns a xoves, entre 9:00 e 14:00 horas, no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.

O próximo espectáculo que acollerá o Teatro Pastor Díaz será este sábado, 26 de setembro, ás 18:00 horas, a cargo de Baobad Teatro que presentará Puño Puñete, dentro do programa Cultura no Camiño. A obra está dirixida a nenos e nenas de entre 1 e 6 anos.