O Valadouro acolle o 5 de febreiro a III Feira de Razas Autóctonas Galegas. Haberá 4.200 euros en premios.

O vindeiro 5 de febreiro celébrase no Valadouro a III Feira de Razas Autóctonas Galegas. O evento dará comezo ás 10 da mañá no aparcadoiro municipal, a carón da piscina. Haberá máis de 4.200 euros en premios nas diferentes categorías establecidas.

A inscrición pode facerse no e-mail concurso@valadouro.gal, na Casa da Cultura do Valadouro entre o luns, 24 de xaneiro, e o mércores 2 de febreiro ata as 20:00 horas, pola sede electrónica do Concello do Valadouro.

As persoas interesadas poden obter máis información no seguinte número de teléfono: 982 57 15 16 ext. 1 (luns a venres de 9:30h. a 13:30h. e 16:00h. a 20:00h.)

Organiza o Concello da Valadouro coa colaboración da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, Acruga, Asoporcel, Puraga, Club Raza Can de Palleiro e Federación Razas Autóctonas Galegas.