O Vicedo será escenario dunha carreira desde O Fuciño do Porco ata a praia de Caolín este domingo, 31 de marzo

O Vicedo acollerá unha carreira desde O Fuciño do Porco ata a praia de Caolín este domingo, 31 de marzo. Este evento deportivo está organizado pola Peña Ciclista Lar e o prazo de inscrición remata este mércores, 27 de marzo.

Haberá andaina, trail curto e trail longo. Os participantes serán trasladados en autobús desde o peirao de O Vicedo e ao finalizar as probas haberá duchas e pinchada no polideportivo de O Vicedo.