O Vicedo terá festa de Entroido o 25 de febreiro. Haberá desfile, música e un espectáculo de fogos artificiais.

A comisión de festas de Santo Estevo organiza actividades de Entroido en O Vicedo para este sábado, 25 de febreiro.

Ás 16:30 horas empezará a festa infantil, na que haberá inchables; ás 18:30 horas actuará un mago e a partir das 21:30 horas celebrarase o desfile infantil con premios.

Ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o dúo D´Vicio e Discomovil Eventec.

Ás 00:30 horas sortearase unha cesta de Entroido e haberá o desfile de adultos. E ás 01:00 horas realizarase un espectáculo de fogos artificiais. 

Os organizadores explican: “contaremos coa presenza dos xa amigos Duo Dvicio e Discomovil Eventec, que amenizarán a noite e, en dous descansos, faremos o sorteo da gran cesta de Entroido e o desfile de adultos. Ademais haberá unha pequena tirada de fogos de artificio ao rematar o desfile de adultos”.