O XXIII Torneo de Tenis Vila de Foz disputarase do 14 ao 22 de agosto.

Do 14 ao 22 de agosto terá lugar o XXIII Torneo de Tenis Vila de Foz.

Presentaron esta nova edición: Ramón Cajoto e Xosé Veiga, do Foz Club de Tenis, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez.

Xa quedan poucas prazas por cubrir no cadro, posto que este torneo é xa un clásico do verán mariñano. Haberá participantes da casa, da comarca e tamén visitantes, que auguran uns partidos moi atractivos.

Para inscribirse chamar ao 619 60 44 95