
A Igrexa Parroquial de Santa María de Burela acolleu este pasado xoves, 16 de abril, un concerto a cargo da orquestra e coro do Conservatorio Superior de Música da Coruña, nunha actuación realizada en colaboración coa Escola Municipal de Música de Burela. Esta actuación forma parte dunha proposta cultural que terá continuidade o xoves 23 de abril coa actuación da Orquestra de Metais do Conservatorio Superior de Música da Coruña. O evento será no Auditorio Municipal de Burela ás 18:00 horas.
O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, animou á veciñanza a asistir a este segundo concerto, que “permitirá seguir gozando da música en directo de alto nivel en Burela”.


