A orquestra Panorama presentará a súa nova xira no Camiño Norte Fest, que se celebrará en Ribadeo o 2 de abril, Xoves Santo

A orquestra Panorama presentará a súa nova xira, Time Tour 2026, para a Mariña lucense e o Occidente asturiano o vindeiro 2 de abril en Ribadeo, no Camiño Norte Fest, que organiza a Comisión de Festas ribadense.

O evento desenvolverase no aparcadoiro municipal. O recinto estará cuberto con carpa, que contará con servizo de bar e food trucks. A apertura das billeteiras será ás 20:30 horas e a o recinto ás 22:30 horas.

Polo escenario do Camiño Norte Fest pasarán tamén os djs Alejandro Martínez e Litainer.

O custe das entradas o día 2 de abril será de 15 euros, mentres que na venda anticipada é de 12 euros. Xa se poden adquirir a través de woutick.com e nos puntos de venda oficiais en Barres, La Caridad, Foz, A Pontenova, Navia, Lourenzá, Viveiro, Vegado, Tapia, Burela, Mondoñedo e Ribadeo. Toda a información está dispoñible nas redes sociais da Comisión de Festas de Ribadeo.

Desde a Comisión de Festas de Ribadeo Juan López indicou que “Ribadeo da la bienvenida al Camiño Norte Fest el próximo 2 de abril con música, espectáculo y ambiente en pleno corazón del Camiño Norte. Será con la nueva gira de la orquesta Panorama y los DJs Alejandro Martínez y Litainer, nace una cita que quiere marcar la Semana Santa. Gracias al Concello de Ribadeo, Xunta de Galicia, patrocinadores y colaboradores por hacerlo posible”.

O patrocinador oficial é Estrella Galicia. Colaboran: Xunta de Galicia, Concello de Ribadeo, Concertos do Xacobeo, Galipizza, Sanbet Agencia, Estudio Reverte e DeLira.

Na presentación do Camiño Norte Fest participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, así como a Comisión de Festas de Ribadeo.