Os días 15 e 16 de agosto celebraranse en Ribadeo as festas de San Roque, copatrono da vila.

Os días 15 e 16 de agosto Ribadeo volve a celebrar as Festas de San Roque, con diversas actividades lúdicas, gastronómicas e actuacións musicais.

O San Roque dará comezo o luns, 15 de agosto, as 21:00 horas cunha mexillonada popular. O martes 16 as 11:00 horas comeza a celebración coa tradicional saída dos Cocos e Cabezudos, dende a Oficina de Turismo acompañados do Cuarteto Tradicional Illa Pancha. As 12:00 horas será a misa solemne na Capela de San Roque, seguida da actuación da Banda de Música Municipal de Ribadeo e a sesión vermú, amenizada polo Grupo Fénix.

Á tarde, a partir das cinco terán lugar uns xogos populares e un Obradoiro dos Cocos, impartido polo Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño. As 19:30 horas será o concerto de Rio&Daiv e Amoebo e xa á noite verbena co Grupo Fénix, Litainer e a disco móvil Blanco y Negro.

Os festexos de San Roque están organizados pola comisión de festas Ribadeo 2022 e contan coa colaboración do Concello, de Acisa, da Xunta de Galicia e de Estudio Reverte.