Os días 2 e 3 de novembro terá lugar en Viveiro unha nova edición da Shopping Weekend, que organiza o Centro Comercial Histórico.

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 2 e o sábado, 3 de novembro, a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. 

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 57 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc. Xa Van vaias edicións desta campaña, radicando o éxito da mesma na oportunidade de mercar cun desconto importante moitos artigos de primeira calidade na gran variedade de sectores que participan nesta iniciativa comercial.

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. 

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional. 

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.