Os días 21 e 22 de novembro segue en Ribadeo o Mes do Tapeo, que organiza Acisa e no que participan arredor de 20 establecementos.

Mañá, xoves, e o venres segue en Ribadeo o Mes do Tapeo, que organizou Acisa e no que participan arredor de 20 establecementos hostaleiros. Os locais ofrecen as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites ata finais deste mes. 

No Mes do Tapeo de Acisa os xoves haberá oferta gastronómica en 14 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, Bar Cienfuegos,  El Rincón del Gordo, La Solana,  Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Bar Galicia, La Botellaría, Costa Verde e Cayo Coco.

E os venres as tapas poderán degustarse en 18 locais: O Lar de Manolo, O Alén, Mareta, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, La Botellería, El Rincón del Gordo, La Solana, Madison, Queimada, Delicates, O Indiano, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Cayo Coco, Costa Verde e Malo Será.

O obxectivo desta campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos “é dinamizar as noites dos xoves e dos venres durante o mes de novembro, ofrecéndolle á xente a escusa perfecta para saír da casa a tomar uns viños e unhas saborosas tapas. Tentamos crear ambiente eses dous días pola noite, a pesares da chuvia e do frío das últimas xornadas”.

Desde Acisa engaden que os hostaleiros participantes están satisfeitos: “sabemos que o Mes do Tapeo está a funcionar ben. Os nosos asociados e asociadas cóntannos que a xente se achega aos locais solicitando as tapas, o cal indica que están ao tanto da actividade e das variadas propostas que poden atopar nos bares participantes. A pesares do mal tempo que tivemos nas últimas semanas o Mes do Tapeo está a ser un revulsivo durante en  novembro para o sector hostaleiro ribadense”.