Os premios do II Certame de Teatro Concello de Lourenzá serán entregados o 9 de decembro nunha gala na que actuará o grupo Arte Estudio Teatro.

O xurado da segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer a relación dos nominados que optan aos premios, que serán entregados na gala que se celebrará o 9 de decembro, domingo.

Os nominados son os seguintes:

* Premio Conde Santo á mellor representación:
     Avelaíña Teatro, de Pontevedra
     Fauna 113, de Vigo
     Rebuldeira Teatro, de Sarria

* Premio Lourenzo ao mellor actor:
     Fernando Díaz, de Rebuldeira Teatro
     Xulio Leal, de Avelaíña Teatro
     Pablo Rodríguez, de Fauna 113

* Premio Ana á mellor actriz:
     Iris Darriba, de Fauna 113
     Elvira Pallares, de Rebuldeira Teatro
     Amparo Urtaza, de Avelaíña Teatro

* Premio ao mellor actor de reparto:
     Noé Recalde, de Bule Bule
     Xabier Fernández, de Avelaíña
     Roberto Casas, de Ollomao

* Premio á mellor actriz de reparto:
     Begoña Rodríguez, de Fauna 113
     Ana Casal, de Fauna 113
     M.ª Carmen González, de Avelaíña

* Premio á mellor posta en escena:
     Avelaíña Teatro, de Pontevedra
     Fauna 113, de Vigo
     Os Palimoquiños, de Lugo

* Premio especial do público:
     Bule Bule, de Alfoz-Lourenzá
     Os Palimoquiños, de Lugo
     Fauna 113, de Vigo

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “a entrega de premios terá lugar o domingo 9 de decembro nunha gala que dará comezo ás 19 horas e na que actuará o grupo Arte Estudio Teatro que representará a obra Feirantes. Será na carpa climatizada que está instalada no Campo dos Bolos”.